Icono del sitio CanalBarbanza.com

TRABALLADORAS E TRABALLADORES DO FROIZ E O GADIS REGRESAN Á RÚA PARA TER UN CONVENIO DIGNO

Esta mañá a entrada do Gadis Hyper de Ribeira estaba unha vez máis chea de traballadoras e traballadores do supermercado. O 24 de xullo é un día importante de compras pola chegada da fin de semana, pola Festa da Dorna e polo festivo de mañá, 25 de xullo, e o persoal decidiu facer unha nova folga e concentración para loitar por un convenio digno a nivel provincial.
Cartel de YouTube

Salir de la versión móvil