O empresario e mecenas Ramiro Carregal Rey vén de convocar unha nova edición do seu Premio Internacional de Investigación en Cardioloxía. É a oitava entrega deste galardón que ten unha recompensa de 30.000 euros para o vencedor. O prazo de presentación de candidaturas está xa aberto e así permanecerá ata o próximo 16 de outubro.
O PREMIO DE INVESTIGACIÓN EN CARDIOLOXÍA RAMIRO CARREGAL ABRE O PREZO DE PRESENTACIÓN DE CANDIDATURAS


