Icono del sitio CanalBarbanza.com

SETE NENOS E NENAS SAHARAUÍS PASAN O VERÁN EN RIANXO

O concello de Rianxo forma parte un verán máis do programa Vacacións en Paz. Diferentes familias da localidade acollen neste período estival a nenos e nenas chegadas do Sáhara para pasar este período de altas temperaturas nun lugar máis fresco. Esta mañá os participantes nesta iniciativa foron recibidos polo alcalde rianxeiro, Julián Bustelo, no salón de plenos.
Cartel de YouTube

Salir de la versión móvil