A campaña pasada foi a de consolidación do Puebla na Preferente, unha categoría moi esixente. O conxunto da Alta foi de menos a máis na competición e finalizou na zona media alta da táboa. O traballo dos despachos comezou hai tempo coa renovación de Juan Alfonso Vidal, Chofri, como adestrador, asegurando a continuidade do proxecto baseado na estabilidade, o compromiso e o crecemento competitivo.
O PUEBLA PREPARA UN EQUIPO PARA ASPIRAR AO MÁXIMO NA PREFERENTE


