Icono del sitio CanalBarbanza.com

UNHA VINTENA DE NEGOCIOS DE HOSTALERÍA DE RIBEIRA FORMÁRONSE EN COMO ACTUAR ANTE A VIOLENCIA SEXUAL E LGBTIFÓBICA

Ribeira celebra dúas veces ao ano reunións de coordinación interinstitucional sobre violencia de xénero. Nestas xuntanzas detectouse a necesidade de formar ao persoal de hostalería do municipio para xestionar estas situacións ao ser potenciais puntos de contacto ou poder ver incidentes. Hoxe unha vintena de profesionais de establecementos hostaleiros da localidade remataron o curso “Formación sobre o protocolo de actuación ante violencia sexual e LGBTIfóbica en locais de lecer nocturno”, impartida pola Dirección Xeral de Violencia de Xénero en colaboración co Concello de Ribeira.
Cartel de YouTube

Salir de la versión móvil