Ribeira encheuse de xente o sábado pola mañá, non só pola Festa da Dorna e o mercadillo semanal se non que Tendas á Rúa foi un dos puntos máis visitados. A iniciativa desenvolvida pola Asociación de Empresarios de Ribeira levou a unha vintena de negocios á praza do Concello, punto céntrico do municipio. A súa situación, o bo día e os descontos atraeron aos compradores.
ÉXITO DE TENDAS Á RÚA EN RIBEIRA


