Icono del sitio CanalBarbanza.com

XA ESTÁ ABERTO O PRAZO PARA PRESENTAR CANDIDATURAS AOS PREMIOS RAMIRO CARREGAL DE INVESTIGACIÓN ONCOLÓXICA

A convocatoria dos XV Premios Ramiro Carregal de Investigación Oncolóxica Científica e Técnica permanecerá aberta ata o 29 de xaneiro de 2027.
O certame, impulsado polo empresario e mecenas de Ramiro Carregal, alcanza unha edición moi especial. En quince anos consolidouse unha das citas de referencia para recoñecer o traballo de investigadores que contribúen a avanzar na loita contra o cancro.
O Premio Internacional manterá unha dotación de 30.000 euros, mentres que o galardón a Talentos Emerxentes, destinado a investigadores menores de 45 anos, repartirá 15.000 euros tras o incremento aprobado este ano.
Ao longo da súa traxectoria, máis de 150 candidaturas chegadas de todo o mundo participaron nun certame que distinguiu figuras destacadas da investigación oncolóxica como Mariano Barbacid, Marisol Soengas, Luís Paz-Ares ou José Tubío, entre outros.
As candidaturas poderán presentarse por vía postal, correo electrónico ou a través da páxina web do premio. O fallo do xurado coñecerase durante o mes de febreiro e a entrega de galardóns celebrarase, como é tradición, en Santiago de Compostela.
Cartel de YouTube

Salir de la versión móvil