Fin de semana de moito movemento na comarca e Esteiro foi un dos puntos de máis actividade. A vila muradán encheuse estes días para desfrutar dunha nova edición das súas Carrilanas, unhas datas moi agardadas despois da ausencia da festa o pasado 2025. Estaba todo preparado para a cita, que se viviu por trixésimo sexta vez, e onte domingo foi o Gran Prix de Carrilanas.
ESTEIRO DESFRUTOU DAS SÚAS CARRILANAS NAS QUE ANXO GÓMEZ E ANXO CAAMAÑO FORON OS GAÑADORES


