A Feira Medieval volveu converter o centro histórico de Noia nun gran escenario ao aire libre, con centos de postos de artesanía e gastronomía, animación continua e unha intensa participación veciñal. A procesión das antorchas, na noite do sábado, foi un dos momentos máis destacados dunha cita que pechou este domingo cun importante respaldo de público.
NOIA DESPEDIU ESTA FIN DE SEMANA A SÚA XXVII FEIRA MEDIEVAL CUN BALANCE MOI POSITIVO


