Icono del sitio CanalBarbanza.com

AGUIÑO CONVERTEUSE ESTA FIN DE SEMANA NUN MUSEO DE ESCULTURAS DE AREA

Pasar unha tarde de verán na praia tamén pode ser unha oportunidade para dar renda solta á creatividade. Cubos, pas e moita imaxinación foron as ferramentas dos nenos e nenas que participaron na terceira Xuntanza de Esculturas de Area de Aguiño.
Ao longo da tarde, os participantes foron modelando as súas creacións coa axuda das súas familias, convertendo o areal do Porto nun auténtico escaparate de figuras de todo tipo.
Tras valorar a orixinalidade e a elaboración das obras, o xurado premiou tres esculturas: un coche, un dragón e un cabaliño. Tamén houbo recoñecementos para outros participantes pola súa implicación, entre eles dúas avoas de 76 anos que se sumaron á actividade.
A iniciativa volveu apostar por fomentar a convivencia, a creatividade e o desfrute da praia en familia a través dunha actividade xa consolidada no calendario estival de Aguiño.
Cartel de YouTube

Salir de la versión móvil