A actividade no porto de Cabo de Cruz e na lonxa local non é a que había hai anos. Á falta de recurso nos bancos marisqueiros, problemática que se vén arrastrando dende hai anos, súmase a mortaldade de marisco derivada da caída da salinidade polos temporais que se viviron a comezos de ano. A confraría crucense está a pasar por unha complicada situación económica e non hai novos ingresos a pesar de que o marisqueo a flote abriu a súa campaña en xuño.
O MARISQUEO A PÉ SEGUE PECHADO EN CABO DE CRUZ MENTRES O A FLOTE RETOMA A ACTIVIDADE


