O Concello de Boiro e a Comisión das Festas presentaron a programación dunha cita moi vencellada á identidade mariñeira da vila e que cada ano reúne a centos de persoas. As Festas do Carme de Cabo de Cruz celebraranse este ano do 15 ao 17 de xullo, e esperan que sexa unha das mellores edicións.

