A directiva do CD Boiro está a pleno rendemento, traballando para conseguir os mellores xogadores para o proxecto dirixido unha campaña máis por José Tizón. O adestrador renovou logo de firmar unha gran temporada regular na 25/26, quedando ás portas da clasificación para disputar a fase de ascenso. E agora está centrado na confección do seu plantel para afrontar con garantías a terceira tempada seguida do Boiro na Terceira RFEF.
O BOIRO VÉN DE INCORPORAR AO LATERAL BREO SIO, FORMADO NA CANTEIRA DO CELTA


