A conselleira do Mar, Marta Villaverde, interveu onte á tarde no Pleno do Parlamento onde afondou na iniciativa impulsada pola Xunta para a recuperación dos bancos marisqueiros galegos. A titular de Mar salientou que se trata dun asunto prioritario logo do acontecido a raíz do tren de borrascas que derivou nunha gran mortaldade do recurso. Villaverde recordou que o seu departamento impulsa traballos de conservación e restauración da biodiversidade da man de Seaga nos que se investirán 4,3 millóns de euros. Labores que se desenvolverán ata o 2028.
A XUNTA MOBILIZARÁ 4,3 MILLÓNS DE EUROS PARA RESTAURAR OS BANCOS MARISQUEIROS DE GALICIA


