Icono del sitio CanalBarbanza.com

O VEBA BAYWATCH PUPPY’S E O PLAYA PAINKILLERS GAÑAN O ARENA 1000 E IRÁN A CÁDIZ

A praia de San Francisco de Muros foi o escenario no que se desenvolveu o Torneo Clasificatorio Arena 1000 Deputación da Coruña. Esta competición reuniu a máis de 1.200 deportistas e máis de 100 equipos. Organizado pola Federación Galega de Balonmán, coa colaboración do Concello de Muros e o patrocinio da Deputación da Coruña, esta competición contou con máis de 300 encontros. Foi unha gran fin de semana de balonmán e entre os gañadores destacaron o Veba Baywatch Puppy’s no sénior feminino e o Playa Painkillers no sénior masculino.

Non só se levaron o triunfo se non que tamén conseguiron clasificarse para o Arena 1000 de Cádiz, última parada do Arena Handball Tour antes do Campionato de España. No apartado xuvenil feminino conseguiron o seu pase o Playa Anubia Petanca e o Area Bueu, mentres que no masculino o fixeron os mesmos equipos. O Veba Agua dos Chata e o Playa Petanca B pasaron no cadete feminino e o Playaa Magaluf Petanca e o Area Bueu Portomaior no masculino. E no infantil clasificáronse o Playa Magaluf Petanca, Area Bueu Lagos, Veba A jradiña Iberport e Area Bueu Portomaior.

Co remate desta primeira edición, o Torneo Clasificatorio Arena 1000 Deputación da Coruña consolídase como unha cita de referencia dentro do calendario autonómico de balonmán praia.  A competición supuxo tamén un fito para o balonmán praia galego ao converterse na primeira proba oficial desta modalidade celebrada na provincia da Coruña, situando a Praia de San Francisco como escenario dunha das citas máis relevantes do calendario nacional.

Salir de la versión móvil