Os equipos da comarca están en plena confección dos seus planteis para disputar a vindeira campaña 2026/2027 e un dos que máis actividade está a ter é o Noia. Este ano regresa á Preferente e buscará loitar por ascender novamente á Terceira RFEF. O seu primeiro movemento foi a incorporación de Rubén López como novo adestrador, sen embargo o preparador apenas estivo semanas no cargo ao deixalo pouco despois por discrepancias co club. O Noia firmará a Antonio Ríos, Vecho, despois do seu paso polo Compostela.
O CF NOIA AVANZA O VERÁN CON MOVEMENTOS NO SEU PLANTEL


