Icono del sitio CanalBarbanza.com

O NOIA PORTUS APOSTOLI CONTINÚA ASEGURANDO PEZAS CLAVE PARA O SEU PROXECTO DEPORTIVO

O peche madrileño David Montero continuará no Agustín Mourís tres campañas máis, ampliando a súa vinculación co Noia Portus Apostoli en calidade de cedido polo Inter JP Financial.
O club aposta así pola continuidade dun xogador que se converteu nun referente defensivo nas dúas últimas tempadas. Montero disputou xa 67 encontros coa camiseta noiesa e suma oito goles, ademais de gañar unha Copa Galicia de fútbol sala.
Desde a súa chegada, o peche destacou tamén polo seu peso no vestiario e pola conexión coa afección, converténdose nunha das pezas máis importantes do equipo.
Con esta renovación, Montero pasa a garantir a súa continuidade ata a tempada 2028-2029 e terá a oportunidade de seguir escalando posicións entre os futbolistas con máis partidos disputados na historia do Noia na máxima categoría.
Cartel de YouTube

Salir de la versión móvil