O vindeiro 24 de xullo o Museo do Gravado de Artes cumpre 25 anos dende a súa fundación, cumprindo o soño de Javier Expósito. O espazo ten máis de 45.000 estampas, algunhas datadas do século XV, ten unha ampla biblioteca histórica de libros antigos con preto de 12.000 exemplares e un taller de gravado no que se formaron 300 alumnos. E onte foi o epicentro da cultura coa celebración do seu cuarto século de vida coa inauguración da exposición “Xaime Quessada: Imaxe surreal de Galicia”.

