Os feitos ocorreron entre as 11:00h e as 11:15h na avenida Rosalía de Castro. A muller, duns 40 ou 45 anos, circulaba nun patinete eléctrico cando pasou entre un camión e uns contedores. Nese momento tropezou e caeu ao chan, sufrindo un forte golpe.
Ata o lugar desprazáronse efectivos da Policía Local, do GAEM de Ribeira e do 061. Nun primeiro momento pensouse que o camión podía estar implicado no accidente, aínda que finalmente se comprobou que se tratou dunha caída accidental.
A ferida permanecía consciente, presentaba un golpe na cabeza e queixábase de dor nun costado, polo que foi trasladada en ambulancia ao Hospital do Barbanza para unha valoración médica.
As circunstancias da caída quedaron aclaradas no propio lugar do accidente e, finalmente, descartouse a implicación do camión no suceso.
UNHA MULLER RESULTA FERIDA EN RIBEIRA TRAS CAER DUN PATINETE ELÉCTRICO


