A campaña da anchoa na zona 9A, correspondente á costa oeste de Galicia, queda aberta desde este 1 de xullo e ata o 30 de xuño do vindeiro ano. España contará cunha cota de 1.632 toneladas, das que poderán beneficiarse os buques de cerco, así como a frota de xeito, racú e piobardeira.
Como principal novidade, establécese un límite de 25 toneladas para as capturas de anchoa desta última frota, unha medida que busca evitar problemas cando a especie aparece durante a pesca de sardiña.
A FROTA XA PODE VOLVER CAPTURAR ANCHOA NA ZONA OESTE DAS AUGAS GALEGAS


