O mes de xuño vén de rematar e esta mañá déronse a coñecer os datos do paro a día 30 do pasado mes. Galicia rexistrou 1.123.034 cotizantes, o máximo de afiliacións á Seguridade Social, e o paro descendeu ata as 105.768 persoas, o nivel de desemprego máis baixo da serie histórica. A directora xeral de Formación e Cualificación para o Emprego, Zeltia Lado, puxo en valor estes datos que apuntou soben no referente á afiliación na comparativa anual e na interanual. O paro tamén descendeu con respecto a hai un ano nun 1,39%, mentres que en comparación a hai un mes a caída foi de 3,28%.
GALICIA REXISTROU EN XUÑO O MÁXIMO HISTÓRICO DE AFILIACIÓNS


