27 agosto, 2026
Image default

TRES PERSOAS RESULTARON FERIDAS NUNHA PELEXA EN BOIRO

A liorta produciuse arredor das 00:30h na avenida da Constitución de Boiro, o espazo no que se montan as atraccións de feira con motivo das Festas doVerán.
No altercado participaron entre 10 e 15 persoas, todas elas vinculadas á actividade das atraccións feirais. Como consecuencia da pelexa, tres persoas resultaron feridas e dúas delas tiveron que ser trasladadas ao Punto de Atención Continuada de Boiro para recibir asistencia sanitaria.
Segundo amosan os vídeos gravados por testemuñas, durante a liorta producíronse agresións con puñadas e incluso algúns dos implicados empregaron barras metálicas extraídas das estruturas das atraccións, mentres outras persoas intentaban separalos.
A Garda Civil fíxose cargo da investigación para esclarecer as causas da pelexa e identificar a responsabilidade dos implicados. Polo momento non constan persoas detidas nin tampouco se presentaron denuncias relacionadas co sucedido.

Related posts

O COLEXIO PRAIA XARDÍN INICIARÁ O CURSO CO AVANCE DA SÚA REHABILITACIÓN INTEGRAL

CloudyX

O ALUMNADO DE FORESTAL DO OBRADOIRO DE EMPREGO TORRE GOIÁNS V, EN BOIRO, XA COMEZOU OS TRABALLOS PRÁCTICOS

CloudyX

A CONTA ATRÁS PARA SAN RAMÓN XA COMEZOU PARA UN DOS DOCES MÁIS AGARDADOS DA FESTA

CloudyX