Icono del sitio CanalBarbanza.com

O PRESIDENTE DA XUNTA DEFENDE O MODELO DE XESTIÓN DO LITORAL EN COMPATIBILIZAR COSTA E ECONOMÍA

O acto celebrouse en Muxía, onde Alfonso Rueda destacou que a xestión das competencias sobre o litoral permitiu dar maior seguridade xurídica ás empresas vinculadas ao mar e axilizar a tramitación administrativa.
Segundo explicou, durante este primeiro ano resolvéronse máis de 1.800 autorizacións e concesións grazas á simplificación dos procedementos. O presidente tamén puxo en valor a autorización para ampliar o período de apertura dos establecementos de tempada, dende a Semana Santa ata finais de outubro.
Cartel de YouTube

Salir de la versión móvil