Alimentos non perecedoiros, medicamentos, produtos de hixiene, cueiros ou roupa. Son só algúns dos artigos que centos de veciños están a doar nos distintos puntos de recollida habilitados na comarca.
En Ribeira, varios establecementos uníronse para canalizar a axuda, que despois se centraliza na brasería A Cabaña antes de ser trasladados a Santiago, desde onde partirá cara a Venezuela.
No caso da Pequecha, este foi un dos locais pioneiros en ofrecer esta bancada de apoio.
A SOLIDARIDADE DO BARBANZA CON VENEZUELA NON DEIXA DE MEDRAR

