Icono del sitio CanalBarbanza.com

A REGATA CONGALSA CELEBRA ESTE SÁBADO A SÚA XV EDICIÓN COA TRADICIONAL VOLTA A SÁLVORA

A décimo quinta edición da Regata Congalsa – Volta a Sálvora xa está aquí un ano máis. Este sábado, 4 de xullo, a Ría de Arousa acollerá unha regata que, segundo afirman dende a organización, reunirá arredor de 20 embarcacións de clase ORC e preto duns 100 regatistas.
A saída está prevista para as 14:00h desde as inmediacións do Club Náutico de Ribeira. A frota competirá nas categorías Regata, Cruceiro-Regata e Cruceiro, con dous percorridos alternativos que se decidirán pouco antes da saída segundo a dirección do vento.
Cartel de YouTube

Salir de la versión móvil