A vela foi protagonista o sábado coa celebración da XXV Regata Frinsa. O tempo acompañou e o vento foi o invitado especial nunha xornada na que a competición non faltou nesta homenaxe a Ramiro Carregal Rey. Impulsor do deporte náutico en Ribeira e en Galicia. Ás 13.00 horas saíron as embarcacións que competían nas vodas de prata desta regata moi atractiva para os regatistas e o público, que observou a travesía en tres catamaráns.
PEPERETES-NORTEMAR, ORIÓN E FIXIUS PROCLAMÁRONSE CAMPIÓNS DA XXV REGATA FRINSA


