A contorna da igrexa de San Xoán, en Lousame, foi o lugar escollido para poñer en marcha unha nova campaña informativa impulsada pola Consellería de Medio Ambiente cun obxectivo claro: concienciar á veciñanza dos concellos que forman parte da Mancomunidade Serra do Barbanza e ao Consorcio das Mariñas da importancia de separar correctamente os residuos en orixe. A titular do departamento, Ángeles Vázquez, destacou o papel relevante da veciñanza para conseguir unha xestión máis eficiente e sostible.
A XUNTA CONCIENCIA Á VECIÑANZA DO BARBANZA SOBRE A SEPARACIÓN DE RESIDUOS


