Icono del sitio CanalBarbanza.com

A XUNTA ANUNCIA OS GALARDOADOS COAS MEDALLAS CASTELAO 2026

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, xa anunciou os que serán os cinco distinguidos coas Medallas Castelao 2026 tras a aprobación no Consello este pasado luns.
A distinción recoñece este ano á Fundación Andrea, polo seu traballo durante dúas décadas acompañando familias con nenos con enfermidades graves ou de longa duración.
No ámbito cultural, o galardoado é o trompetistas Esteban Batallán Cons, con ampla traxectoria en orquestras internacionais.
Na ciencia, a medalla recae en Mar Capeáns Garrido, destacada investigadora no ámbito da física de partículas.
No deporte, o recoñecemento é para o atleta Adrián Ben Montenegro, finalista olímpico e campión europeo en pista cuberta.
E completa a lista a empresaria María Barallobre Tomé, pola súa traxectoria á fronte dos restaurantes La Penela e pola expansión da súa proposta gastronómica dentro e fóra de Galicia.
A gala de entrega celebrarase, como cada ano, o 28 de xuño en Santiago de Compostela, nunha edición que poñerá en valor a cultura, a ciencia, o deporte e a solidariedade de Galicia a través das Medallas Castelao 2026.
Cartel de YouTube

Salir de la versión móvil