A Mancomunidade Barbanza Arousa pon en marcha o Club de Produto Enogastronómico, unha iniciativa de cooperación público-privada que xa é unha realidade con 42 empresas, produtores e axentes turísticos adheridos dos catro concellos da comarca.
En concreto, participan 16 entidades da Pobra do Caramiñal, 15 de Boiro, 4 de Rianxo e 5 de Ribeira, tras unha primeira fase de encontros e obradoiros co sector nos meses de maio e xuño.
A MANCOMUNIDADE BARBANZA AROUSA PON EN MARCHA O CLUB DE PRODUTO ENOGASTRONÓMICO


