Os supermercados Gadis e Froiz do Barbanza e da provincia viviron hoxe unha xornada diferente. O seu persoal secundou a folga convocada polos sindicatos CCOO, UXT, CIG e USO pola falta de avances na negociación do convenio colectivo. O Gadis Hiper de Ribeira foi o punto de encontro da manifestación que percorreu as rúas do municipio.
PERSOAL DE GADIS E FROIZ MOBILÍZASE NA COMARCA POR UN CONVENIO DIGNO


