Más de medio cento de persoas asistiron en Lousame á presentación do libro “Wolfram. El Camino Negro”, unha obra colectiva editada pola Universidade de León que analiza a extracción, o comercio e o uso do volframio no noroeste peninsular durante a Segunda Guerra Mundial e a ditadura franquista.
Durante a presentación, explicouse o contexto histórico da chamada “febre do volframio”, marcada pola alta demanda internacional durante a Segunda Guerra Mundial, así como polo papel estratéxico deste mineral na economía da época.
LOUSAME PRESENTA UN LIBRO SOBRE A EXPLOTACIÓN DE VOLFRAMIO NAS MINAS DE SAN FINX


