Nova noite de delincuencia en Ribeira. Os intentos de roubos no concello non deixan de rexistrarse e recentemente os cacos probaron sorte esnaquizando un cristal da tenda de chucherías Papalarpadas, situada na rúa Galicia. Nesta ocasión non puideron entrar no interior, pero o temor dos comerciantes segue a medrar.
OS INTENTOS DE ROUBOS NON PARAN EN RIBEIRA


