O porto anfitrión da conmemoración da Traslatio volveu a ser Ribeira despois de 14 anos. O municipio foi o punto de partida desta cuadraxésima edición que se desenvolveu a tarde do sábado. Arrancou co acto institucional na lonxa ribeirense no que se recordou a relevancia deste camiño promovido pola Fundación Ruta Xacobea do Mar de Arousa e Ulla que rememora a viaxe que fixo o corpo do apóstolo Santiago dende Oriente ata Galicia.
RIBEIRA FOI O PORTO DE SAÍDA DA 40 EDICIÓN DA TRASLATIO


