O deporte segue a protagonizar as boas novas no Concello de Noia. O Salón de Plenos da Casa Consistorial abriu onte as súas portas para recibir ao Club Noia Patín despois do éxito acadado na World Cup de Grupos Show celebrado o 31 de maio en Cesena, Italia. Os noieses regresaron da competición cun histórico terceiro posto. O que suma a outros logros conseguidos con anterioridade polo Noia Patín.
O CLUB NOIA PATÍN REGRESOU DO MUNDIAL CO BRONCE


