Icono del sitio CanalBarbanza.com

A CULTURA MARIÑEIRA FOI A PROTAGONISTA EN AGUIÑO, ONDE SE CELEBROU UNHA NOVA REUNIÓN DO COMITÉ SOCIAL DE AROUSA-LAB

A xuntanza desenvolveuse en Aguiño no marco do proxecto europeo Atlantic-Arctic Agora, co obxectivo de reforzar a colaboración entre os distintos axentes vencellados ao mar.
Durante a reunión, fíxose balance das actuacións dos últimos meses e presentouse un novo caderniño educativo para centros escolares, centrado na biodiversidade da ría, as artes de pesca tradicionais e o papel da xente do mar na conservación de recursos.
A iniciativa, dotada en 70.000 euros a través dun convenio entre a Xunta de Galicia e Amicos, enmárcase no programa transnacional A-AAGORA.
Cartel de YouTube

Salir de la versión móvil