Icono del sitio CanalBarbanza.com

ALFONSO RUEDA PARTICIPOU NA INAUGURACIÓN DA NOVA SEDE DA CORPORACIÓN HIJOS DE RIVERA NA CORUÑA

Durante a inauguración, o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, puxo en valor a compañía como exemplo de empresa galega que medra desde o territorio con vocación internacional, sen perder a súa identidade. Lembrou tamén a presentación, hai un ano, das instalacións de Estrella Galicia en Morás, en Arteixo, consideradas unha das fábricas máis importantes de Europa.
Rueda agradeceu o compromiso de Hijos de Rivera co territorio e puxo como exemplo a marca Estrella Galicia, á que definiu como un emblema dentro e fóra de España, símbolo da conexión entre identidade e éxito empresarial.
Cartel de YouTube

Salir de la versión móvil