Vigo acolleu a pasada fin de semana unha nova edición do Campionato Galego Máster de Pista ao Aire Libre. Entre os protagonistas estiveron varios atletas da comarca, que regresaron cun importante botín de medallas.
No caso de Atletismo Barbanza, Manuel Paredes conseguiu a medalla de bronce nos 5.000 metros. Un resultado que chegou por sorpresa para o corredor ribeirense, que non contaba inicialmente con entrar no podio.
O CAMPIONATO GALEGO MÁSTER DE PISTA AO AIRE LIBRE DEIXOU MOI BOS RESULTADOS PARA OS ATLETAS DA COMARCA


