Unha das citas máis agardadas na comarca é a Festa do Percebe de Aguiño. Esta mañá déronse as primeiras pinceladas desta exaltación gastronómica do recurso máis recoñecido desta parroquia ribeirense. Este ano celebrarse o 2 de agosto e espérase poñer ao dispor dos visitantes unha tonelada de percebe de Aguiño. Festa que cumpre xa 27 anos e está declarada de Interese Turístico de Galicia
O PERCEBE DEGUSTARASE EN AGUIÑO O VINDEIRO 2 DE AGOSTO


