O vindeiro 29 de xuño desenvolverase a sesión plenaria ordinaria no Concello de Ribeira e un dos puntos incluídos na orde do día será a proposta do BNG local para consolidar o martes de entroido e o día da Dorna, 24 de xullo, como festivos no municipio de forma permanente, retribuídos e non recuperables, agás que o día da Dorna coincida en domingo. A concelleira Antía Alberte apuntou que se trata dunha proposta que responde ás demandas da veciñanza.
O BNG LEVARÁ A PLENO CONSOLIDAR O MARTES DE ENTROIDO E O DÍA DA DORNA COMO FESTIVOS LOCAIS


