O pasado 28 de febreiro estalou o conflito bélico en Irán logo de que Estados Unidos e Israel bombardearan varios puntos do país oriental. A resposta inmediata do mercado logo do peche do estreito de Ormuz e a paralización do comercio de petróleo chegou en forma de incrementos de prezos dos combustibles. Logo de meses de negociacións, altos de fogo e ataques o conflito está nunha fase máis tranquila, sobre todo despois de que Estados Unidos e Irán alcanzaran un pacto preliminar para deter a guerra. Todos estes factores axudaron a rebaixar o prezo dos combustibles nas estacións de servizo.
O PREZO DO COMBUSTIBLE CAEU MODERADAMENTE NAS ÚLTIMAS SEMANAS


