O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, avanzou que a Xunta vai propoñer esta tarde á Fegamp, no seo da Comisión galega de cooperación local, un acordo, enmarcado no Plan de captación de investimentos de Galicia, para impulsar conxuntamente que as empresas invistan na comunidade a través de novas facilidades.
A través deste convenio, proponse aos concellos galegos impulsar medidas como a supresión ou bonificación de impostos municipais, por exemplo, o IBI, o Imposto sobre actividades económicas ou o Imposto sobre construcións, instalacións e obras; licencias de obra e apertura ou a verificación a posteriori da comunicación previa. Do mesmo xeito, proponse tamén ofrecer solo empresarial a un prezo competitivo, cun máximo por metro cadrado e a posibilidade de alugar solo municipal para a instalación de empresas.
A Xunta colaborará cos concellos para captar investimentos empresariais a través de facilidades en impostos municipais e adquisición de solo industrial
Please login to join discussion