O Centro de Formación, Innovación, Emprego e Emprendemento do Concello de Boiro foi o escenario principal das Experiencias Boviño, unha iniciativa pensada para reivindicar os viños e a gastronomía da comarca.
Dito evento, o cal tivo lugar esta mañá, reuniu a profesionais da hostalaría e o turismo co obxectivo de achegalos ao viño de quilómetro cero e ás IXP da Coruña. Unha xornada que logrou acoller a máis de 80 empresas do sector e que contou coa participación de 10 adegas da contorna galega, dende as cales presentaron un total de 23 proxectos.
MÁIS DE 80 EMPRESAS DE HOSTALARÍA PARTICIPAN NAS EXPERIENCIAS BOVIÑO PARA VALORAR OS VIÑOS DA COMARCA


