Icono del sitio CanalBarbanza.com

A ONU ALERTA DO ELEVADO CONSUMO DE AUGA E ENERXÍA DA INTELIXENCIA ARTIFICIAL

Chatbots, xeradores de imaxes ou asistentes virtuais forman xa parte da rutina de millóns de persoas. Porén, o impacto ambiental que hai detrás destas ferramentas segue sendo unha realidade pouco coñecida para boa parte da sociedade.
Segundo un informe das Nacións Unidas, o consumo de recursos asociado á IA continuará aumentando nos próximos anos. Os investigadores advirten de que esta tecnoloxía require importantes cantidades de electricidade e auga para o seu funcionamento.
Unha situación que leva a algúns usuarios a reducir o seu uso ou, polo menos, a cuestionarse con máis frecuencia cando é realmente necesario recorrer a estas ferramentas. Aínda que tamén están os que non son conscientes desta realidade, e utilízanas en diversas situacións.
Cartel de YouTube

Salir de la versión móvil