Hai dous anos a confraría de pescadores de Aguiño e Carreira celebrou o seu centenario e un dos seus antigos socios, Miguel Abraldes, sumouse á celebración cun agasallo. Unha maqueta dunha dorna que doou á entidade que agora adorna as oficinas. Esta mañá Abraldes foi homenaxeado polo pósito e o patrón maior aguiñense, José Antonio Santamaría, entregoulle un agasallo como agradecemento polo seu traballo.
A CONFRARÍA DE AGUIÑO HOMENAXEA A MIGUEL ABRALDES POLA SÚA COLABORACIÓN NO CENTENARIO


