O verán non só é un período de vacacións, desfrute, praia e sol se non que é a época do ano no que máis incendios forestais se rexistran. O pasado ano Galicia sufriu a vaga de lumes máis forte da historia con máis de 150.000 hectáreas calcinadas. A prevención centra os traballos desenvolvidos polo momento e os concellos impulsan diferentes accións para reducir as opcións de que haxa incendios. Outes está xa en plenos labores de desbroces.
O CONCELLO DE OUTES AFRONTA O VERÁN CON TRABALLOS DE DESBROCE PARA PREVIR INCENDIOS


