Os últimos estudos sobre a relixiosidade e mocidade apuntan a que non existe un rexurdimento xeral da fe entre a xeración Z. Mentres os datos sinalan unha tendencia xeral á secularización, tamén se detectan grupos concretos de mozos con maior práctica relixiosa e posturas máis tradicionais.
No Barbanza, moitas persoas aseguran considerarse relixiosas ou ter medrado nun ambiente crente, algo que, segundo apuntan, segue marcando a visión da relixión na sociedade actual.

