Un proxecto moi demandado en Ribeira é o novo polígono industrial. A Asociación de Empresarios locais está a impulsar este proxecto que precisa tamén de apoios da Xunta de Galicia e do Goberno municipal. A patronal solicita ao Executivo autonómico que se axilicen os traballos para poder licitar e darlle continuidade ao proxecto. A alcaldesa da localidade, María Sampedro, garantiu o apoio preciso para avanzar cara ao novo parque empresarial.
O GOBERNO DE RIBEIRA CONFIRMA A SÚA APOSTA POLO NOVO POLÍGONO


