O Bloque Nacionalista Galego da comarca do Barbanza participou esta mañá nunha convocatoria para animar á cidadanía a asistir á manifestación organizada polas plataformas Ulloa Viva, Mina Touro-O Pino Non e a Plataforma en Defensa da Ría de Arousa.
Esta levarase a cabo o vindeiro domingo, ás 12:00h na Illa de Arousa. Segundo explicaron, o obxectivo da protesta é reclamar á Xunta de Galicia que denegue de forma definitiva tanto o proxecto da planta de celulosa de Altri como a reapertura da mina de Touro-O Pino.

