Preservar e difundir a historia do Barbanza é o principal cometido da Comisión pola Recuperación Histórica do Barbanza entendendo que o futuro non se pode comprender sen o pasado. A entidade, que conta cunha serie de libros na colección “Episodios Republicanos Barbanzáns”, presentará unha nova entrega titulada “Enrique e Manuel Fernández Sendón. Memoria, palabra e represión” e escrita por Xosé Luis Axeitos, Uxío Bobilla e Carlos Cimadevila este venres en Ribeira.
A COMISIÓN POLA MEMORIA HISTÓRICA PRESENTA UN NOVO EPISODIO REPUBLICANO BARBANZÁN


