Icono del sitio CanalBarbanza.com

A XXVI REGATA RAMIRO CARREGAL REY XA NAVEGA CARA A UNHA NOVA EDICIÓN

A regata, organizada polo Real Club Náutico Portosín coa colaboración do Club Náutico Deportivo de Ribeira, alcanzará a súa vixésimo sexta edición consolidada como unha das citas de referencia da vela de cruceiro en Galicia.
O programa deportivo contempla un máximo de tres probas. A competición arrancará o sábado 20 de xuño cunha regata longa entre Portosín e Ribeira, mentres que esa mesma xornada completarase cunha segunda manga costeira. Xa o domingo disputarase a terceira e última proba, que decidirá a clasificación final.
Cartel de YouTube

Salir de la versión móvil